6 a 8 anos
Recoller unha árbore no bosque para decorala, facer debuxos para agasallalos ás amizades, facer uns pasteis, escribir as invitacións... Ernesto e Celestina celebran unha gran festa de Nadal. Non a perdas!
Para celebrar o Nadal abonda con ter tanto entusiasmo e imaxinación como Celestina; non como o seu amigo Ernesto-máis preocupado polo frío do inverno- que non está por cumprir a súa promesa de organizar unha festa co pretexto de que habería que gastar uns cartos que non teñen. Pero malia as momentáneas decepcións, Celestina sempre sae coa súa; Ernesto é tan xeneroso e boíño, que–deixando a un lado o seu carácter racional- accede a axudala para que non se desguste.Porque na axuda mutua está a clave desta historia entrañable e tenra: xuntos van buscar ao bosque canto precisan para adornar o seu humilde fogar, xuntos confeccionan debuxos, un cociña mentres a outra envolve os sinxellos agasallos que prepararon.E inesperadamente, descubriremos a un pícaro Ernesto tomando a iniciativa para sorprender os asistentes e a propia Celestina, convirténdose na alma dunha festa de Nadal inesquecible.
1º-2º Primaria